Edicións anteriores

EcoSons no Ecolectivo de Vigo

A última edición do festival EcoSons tivo lugar un caluroso sábado de verán no espazo Ecolectivo en Vigo.

Data: 14 xullo de 2018

Horario: de 12h a 20h

Lugar: Ecolectivo (subida ó Monte da Serra, nº 38, 36214, Vigo)

 

PROGRAMA

Dentro da programación do festival inclúense catro actuacións musicais e unha sesión de divulgación enfocada á relación música-natureza. Comezarase cunha sesión vermú a cargo do cantor Iván Gulín, quen fará música da distintas terras polas que estivo. Despois do comer, un “café con ondas” co técnico de son Alejandro García Fernández “Rufo”, para falar da interacción entre a música e a natureza, tocando temas como as paisaxes sonoras.

Pola tarde desfrutarase do artista lalinense Benxamín Otero Otero co seu novo proxecto ” Concerto a só“, o cal deleitaranos co oboe, guitarra eléctrica e unha caixiña de música; así como das chelistas Jimena Andión García e Laura Juncal Pájaro no dúo A Piacere, interpretando, entre outras, pezas do repertorio pop-rock actual relacionadas coa natureza (como Human Nature de Michael Jackson ou Wellcome to the Jungle de Guns and Roses). Pecha o festival dende a Pontragha as Boubacatro pandereteiras que se converteron nunha referencia na música popular da Galicia, que van deixar con bo sabor de boca ós asistentes e animarán a botar uns bailes.

12h – Apertura de portas

13h – Iván Gulín

Iván Gulín

16h – Alejandro García Fernández “Rufo”: café con ondas

Sonidos

16h45 – Benxamín Otero Otero: concerto a só

2.jpg

18h – A Piacere

Duo A Piacere.jpg

19h15 – Bouba

bouba 5